26 de xaneiro de 2021

11 de novembro de 2020

Resultados dos torneos Rosario Online

 O día 18 tivemos 6 participantes. O vencedor foi Toarri (Adrián Quevedo).

O día 17 tamén foron 6 os participantes. O vencedor foi MrrBean (David Pérez)


17 de outubro de 2020

Video do adestramento de xadrez de hoxe.

Con distancia máxima entre os participantes. No adestramento deste sábado só houbo rapaces.
Grazas a Ana polo seu vídeo.

16 de outubro de 2020

ADESTRAMENTOS PRESENCIAIS DE OUTUBRO

Este fin de semana temos algunhas actividades para os interesados:

SABADO 17

* Adestramento presencial (limitado a 6 persoas).
No Centro Comercial Los Rosales. De 17,30 a 19,00 horas.
Necesario contar con licenza federativa e inscribirse a través do whatsapp 654 60 37 16.
Non se pode asistir sen a confirmación por este mesmo medio.

* Torneo Online na Plataforma Lichess. 
Ás 19,30. Torneo de 60 minutos a ritmo de 3 minutos e 3 segundos de incremento.
https://lichess.org/tournament/UHBiFlqy
Contrasinal: ROSARIOROSALES
Trofeo para o mellor clasificado.

DOMINGO 18

* Adestramento presencial (limitado a 6 persoas).
No Centro Comercial Los Rosales. De 17,30 a 19,00 horas.
Necesario contar con licenza federativa e inscribirse a través do whatsapp 654 60 37 16.
Non se pode asistir sen a confirmación por este mesmo medio.

* Torneo Online na Plataforma Lichess. 
Ás 19,30. Torneo de 60 minutos a ritmo de 3 minutos e 3 segundos de incremento.
https://lichess.org/tournament/tiLyLmJP
Contrasinal: ROSARIOROSALES
Trofeo para o mellor clasificado.

5 de outubro de 2020

O Rei dos Xogos

A nova equipación de AGAX para as actividades co Concello da Coruña.

Que opinades?




3 de outubro de 2020

RESULTADOS TORNEOS XXXI ANIVERSARIO ABSOLUTO, SUB14 E SUB12

O portugués do equipo Torres de Loule Henrique Basilio foi o campión na categoría sub12 (a ver cando lle entregamos o trofeo). 
Dominio completo xa que disputou 11 partidas e venceu en todas elas. Tamén portugués foi o segundo clasificado, sendo o terceiro posto para Marcos Rial, do CIDU da Coruña. 
Houbo 10 anotados, pero só 8 participantes, 

Pola tarde o vencedor foi Rodrigo Pena, do Sigrás, seguido por dous xogadores do CIDU da Coruña; Brais Martínez (residente agora en Madrid) e Daniel Codesido. 
O mellor xogador sub14 foi o Andrés Fernández, no sexto posto.
Neste caso foron 13 anotados, para 10 competidores reais. 

Os torneos sub10 e sub8 quedaron pendentes dunha mellor ocasión.


2 de outubro de 2020

Un novo modelo de máscara

Aínda que as actividades presenciais parecen estar organizándose a un ritmo moito mais lento do que agardabamos, seguimos a recibir material de protección persoalizado. 


Aquí temos a máscara coa Torre de Hércules. 


Se a queres, atento ás nosas actividades!